Canto de ampla debe ser a fronte ampla ?
- Detalles
- Publicado o Domingo, 16 Febreiro 2014 20:59
Xoán Hermida
Canto de ampla debe ser a fronte ampla ?. Esta debería ser a cuestión a resolver para non errar nos límites e obxectivos que debe ter un instrumento antisistémico (no senso anticapitalista, non noutros) para un episodio constituínte (nas dimensións nacional, estatal e mais europea) no que estamos.
Imos deixar nunha banda as terminoloxías para non acabar nun debate hermenéutico metapolítico que non nos conduza a ningures. Unidade da esquerda, unidade nacionalista, unidade popular, unidade nacional, unidade democrática...
Por preferir, prefiro unha mestura das dúas últimas, unidade nacional e democrática, porque enlazan de xeito máis claro o substrato no que se resolven as contradicións e o nó gordiano das mesmas, pero en todo caso si que poderemos poñernos de acordo nos suxeitos políticos e sociais concernidos.
Sumas que restan
- Detalles
- Publicado o Mércores, 22 Xaneiro 2014 23:27
Xoán Hermida
Nas últimas cinco eleccións habidas non repetín ni unha soa vez a mesma papeleta. Pode parecer unha consecuencia, dun desequilibrio persoal, pero no fondo tratase de un diagnostico, dunha doenza colectiva.
O diagnostico chamase crise da esquerda política e a súa cura pasa pola renovación e a converxencia da que emerxan novos instrumentos políticos.
Agora ben, a doenza ten outras complicacións asociadas cuxa presenza poden impedir a recuperación: infantilismo, sectarismo, personalismo, fanatismo, …
O capital político en democracia o dan os votos. Os votos din que IU e as súas federacións son o contenedor máis importante de recepción de votos na esquerda e polo tanto o necesario vertebrador dunha alternativa global; que existe unha realidade plurinacional que fai que estean presentes forzas como ERC, Sortu ou BNG necesarias; que as propostas renovadoras como ICV, Chunta, Compromis ou MES ocupan un espazo central nas súas comunidades. E que cando existen formulas unitarias coa combinación dos anteriores elementos - unidade, transversalidade, renovación- o resultado supera as expectativas (AGE).
Dereito a decidir todo
- Detalles
- Publicado o Venres, 10 Xaneiro 2014 16:08
Xoán Hermida
Nunha recente peza xornalística marabillosa publicada en La Vanguardia, Anxo Lugilde entrevistaba a un dos nosos escasos sabios locais, Xoán López Facal , e este afirmaba “Catalunya é Catalunya e Galicia é Galicia. Nos envexamos a Catalunya politicamente e pola forza da súa sociedade civil. Aquí temos un ambiente cutre".
É verdade que sabendo moi ben coma di Facal Galicia é Galicia e polo tanto non serven (non serviron nunca) mimetismos, hoxe a esquerda galega mira con ollos de envexa e esperanza a Catalunya. Pero non sempre foi así, senón máis ben todo o contrario.
Se exceptuamos a corrente cultural 'italianista' do nacionalismo de esquerda democrático que representou no seu momento Esquerda Galega, a practica totalidade do nacionalismo galego sempre foi máis admirador do modelo vasco que o catalán.
Pedir desculpas e cambiar de partituras
- Detalles
- Publicado o Mércores, 06 Novembro 2013 19:47
Xoán Hermida
Non vou entrar nos acordos existentes entre EU, Anova e Equo para asinar a coalición electoral que propiciou o nacemento de AGE, por outro lado lexítimos todos.
Como ben sabe calquera seguidor da crónica política os ecosocialistas chegamos tarde a AGE. Fixémolo despois dunha travesía que nos teriamos evitado de vir a maioría das entrañas do BNG e de coñecer, coma coñecemos hoxe, o dano que a 'cultura nacionalista-esencialista' fixo e fai á esquerda deste país. É verdade que estabamos advertidos pero pecamos algo de inxenuidade e moito de soberbia ao pensar que íamos ser capaces de endereitar un rumbo deseñado de antemán.
Non se trata agora aquí de recorrer a iso tan noso do ‘xa o diciamos nós’, cousa que non faremos, nin creo que corresponde que o fagan outros que miran a ‘palla no ollo alleo e non a trabe no propio’. En todo caso, Espazo Ecosocialista é corresponsable, na parte alícuota que nos corresponde, das luces e das sombras da experimentación na procura de novas vías, unha vez que o único que había na esquerda nacionalista e nos progresistas autonomistas era unha vía morta.