Eu son soberanista ... e agora que?

Movilizacin en Francia

 

Xoán Hermida

Eu non son nacionalista. Son soberanista (entendida a mesma como a que afecta á cidadanía nas súas liberdades individuais e colectivas nacionais ) ou galeguista (aínda que o termo foi deturpado normalmente como amortiguador de posicións claras no eido nacional ou como disolvente da esquerda).

Debe ser por iso que debates sobre ‘a unidade do nacionalismo’ parécenme tan fora de axenda e aburridos como un debate sobre a grande coalición patriótica defendida por Bono ou Trillo, ou un sobre a unidade das relixións monoteístas.

De xeito recorrente, ponse como exemplo Euskadi e Catalunya de forza do nacionalismo pero se oculta conscientemente que nun caso como noutro existen diversas forzas nacionais, dúas no caso de Euskadi (PNV e Amaiur) e catro no caso de Catalunya (CiU, ERC, ICV e CUP; deixemos en corentena ao PSC), como é lóxico en función das súas diversas visións sociais (iso que na literatura clásica chamábase ‘loita de crases’).

Ler máis...

No poboado do Vao viven persoas

Xitanos

 

Xoán Hermida

Cal un virus estacional se tratara cada certo tempo reaparece o poboado chabolista do Vao coma noticia nas nosas vidas, normalmente ligado a un problema de trapicheo de drogas a pequena escala.

Durante uns días as noticias sobre o poboado xitano ocupa as portadas dos medios locais e coa mesma rapidez desaparece ata nova sinal de ‘alarma’.

Pero a vida para as persoas que habitan o Vao nunhas condicións infrahumanas persiste no seu día a día sen que ao resto dos habitantes dos concellos limítrofes de Pontevedra e Poio nos preocupe o máis mínimo.

Alguén se recorda que hai cinco anos se montou un circo mediatico e social polo realoxo de cinco familias?; alguén volveu ter noticias dos famosos poboados de transición cos que vicepresidencia da Xunta de Galicia intentou acalar as protestas sociais?; alguén sabe onde habitan as cinco perigosas familias realoxadas en Monteporreiro e Caritel e que ían converterse no perigo numero 1 de delincuencia organizada da cornisa atlántica?

Ler máis...

O Povo é quen mais ordena!

25-de-abril-portugal

 

Xoán Hermida

Alternativa Galega de Esquerda presentouse ás pasadas eleccións autonómicas cunha tripla mensaxe: a gravísima situación que necesitaba dunha resposta unitaria, a necesidade da construción dun esquerda alternativa e a demanda cidadá de novas formas de facer política.

Entre o urxente de dar resposta a unha situación que foi cualificada polo seu principal candidato como de ‘emerxencia’, o necesario de frear á dereita política e aos oligopolios que estaban e están desmantelando os resortes de estado social e atacando ao ben común, e o importante de construír unha nova esquerda acertouse no primeiro, intentouse o segundo e aprazouse o terceiro.

AGE irrompeu con forza por unha multiplicidade de factores que o fixeron aparecer como a ‘ultima’ esperanza para unha cidadanía cansa de observar como as vellas forzas políticas instaladas nas institucións parécense cada vez menos a organización preocupadas polas necesidades das persoas e ocupadas no ben común, e cada vez máis a clubs privados encargados de resolverlle a máis de un o seu interese particular.

Ler máis...