Os alugueiros dispáranse: na Galicia urbana un terzo das familias dedica máis do 40% dos ingresos ao seu pagamento

O Banco de España alerta no seu último informe de que o 35% dos fogares realizan un "sobreesforzo" para pagar o alugueiro nas cidades galegas. Segundo o Observatorio da Vivenda, dependente da Xunta, os novos contratos de alugueiro son hoxe un 30% máis caros que hai seis anos. Idealista eleva aínda máis esta porcentaxe, ata o 40% de incremento.

Fálase de...

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.

Devagar

  • 'As chaves do tempo': a novela de Villalta que enfronta a Galicia medieval co reino das pantallas

    “Silencio me chaman porque neste tempo en que vivo non se me escoita”. As chaves do tempo, de Luísa Villalta, é unha novela que conectou co público hai vinte anos e que a editorial Cuarto de inverno reedita acompañada das ilustracións de Zaira Barcia con motivo da homenaxe á autora coruñesa no Día das Letras. "Creo que esta novela é unha declaración de intencións en toda regra. Non dá puntada sen fío", di a editora Andrea Jamardo

  • "As Neves' é unha película de xente boa facendo cousas malas sen querer"

    Sonia Méndez estrea o 10 de maio a súa primeira longametraxe de ficción, As Neves, na que leva traballando cinco anos e que produce desde a produtora Cósmica, que dirixe xunto a Nati Juncal, en colaboración coa produtora Aquí y allí. Un filme sobre as relacións entre un grupo de adolescentes nunha vila galega na que viven transitando a fronteira entre a hiperconectividade e o illamento. 

  • '+Cuñados: a comedia que quere ser comedia

    '+Cuñados' chega esta fin de semana ás salas de cinema como a maior estrea comercial dun filme en Galicia na historia recente. A guionista Araceli Gonda e os actores Federico Pérez e Iolanda Muíños comparten con Praza os detalles desta segunda parte de 'Cuñados', producida pola coruñesa Portocabo

  • "¿Qué te vas a esperar de la gente?"

    O caso Asunta, como calquera dos sucesos de aqueles anos axitados do incunable roubado, do alcalde corrupto e do dramático accidente de tren, non ten as súas causas inmediatas no contexto en que se produciu, pero tampouco pode disociarse da singular idiosincrasia da cidade. Berta Dávila achégase a ela a través da serie 'El caso Asunta' (Bambú Producciones), que vén de estrearse en Netflix