Entrevista no programa Bos Días da TVG 02/05/2018
- Detalles
- Publicado o Xoves, 26 Xullo 2018 23:14
Xoán Hermida, de En Marea Pontevedra, acudiu ao plató do Bos Días despois da súa recente renuncia a ocupar o escano de Juan Merlo, o ex-deputado e número dous de Podemos Galicia que dimitiu tras esaxerar no seu currículo.
"Todos os que nos presentamos ás eleccións asumimos un código ético, pero tamén asumimos un programa e unhas regras de xogo. Era asumir que había un partido instrumental nacional con adscrición individual".
"Este conflito volve poñer enriba da mesa esa falta de respecto duns deputados e deputadas aos acordos que eles mesmos acataran cando entraron a deputados. Polo tanto, eu creo que fixo ben a coordinadora nacional de En Marea, fixo ben Luís Villares de pedir primeiramente por ética a dimisión voluntaria desta deputada, e fixo ben en elevar a consulta aos inscritos e inscritas para que sexamos a xente do común os que decidamos sobre a posición de Paula Quinteiro".