Partido, nin instrumental
- Detalles
- Publicado o Sábado, 18 Agosto 2018 11:03
Xoán Hermida
Agora que as partes (os partidos non instrumentais) xa se están a desfacerse de todo rasquizo do 15M que lles podía quedar e non queren saber nada de cidadanismo, a dirección de EnMarea debería tomar a iniciativa política cun proceso de reestruturación (unha especie de 'perestroika') do proxecto. O primeiro paso debería ser, fronte as xuntanzas de mercadeo cupular, incrementar a transparencia que se veu exercendo ata agora (unha especie de 'glasnov') e, cumprimentando o acordo do segundo plenario, crear unha comisión para adaptar os estatutos en base aos principios da radicalidade democrática e con ese traballo facer unha asemblea de redefinición que situara con claridade o proxecto político e cal é a nosa estratexia de cambio (incluída a política de alianzas tras a chegada ao goberno central do PSOE).
Ao final do proceso convocar eleccións ao Consello das Mareas para ter unha dirección con capacidade política e orgánica que poida abordar un tempo difícil onde se vai pretender procurar unha formula neobipartidista de saída á crise de modelo.
A paisaxe despois da batalla
- Detalles
- Publicado o Luns, 06 Agosto 2018 14:38
As últimas enquisas publicadas, tras a chegada ao goberno central do PSOE, veñen a apuntar que a disputa da hexemonía no campo simbólico da dereita vai estar rifada despois da freada en seco que a moción de censura propiciou a Cs.
No campo da esquerda a hexemonía parece decantarse máis claramente a favor do PSOE. Parece que a historia non se repite pero ten parecidos razoables, e a sombra de Anguita proxéctase sobre Iglesias cos mesmos erros no plano das alianzas e da ontoloxía de a quen querer representar, e sobre todo un dato definitivo: pasar en pouco tempo de ser o líder mellor valorado ao peor valorado, mesmo entre os seus votantes.
Coalicións, sumas e restas
- Detalles
- Publicado o Luns, 09 Abril 2018 20:24
“Cero máis cero, máis cero, cero patatero” (Manuel Fraga, 1997.- a propósito da coalición PSdG-PSOE/EU-EG/Os Verdes)
Xoán Hermida
En marzo de 2014, IU, ICV, AGE, Chunta Aragonesista e outras forzas menores constituíron a coalición para ás eleccións europeas Esquerda Plural. Naquel momento Pablo Iglesias foi convidado a participar e con moito acerto anunciou a candidatura de Podemos baixo o principio de que a unidade popular “era a suma de persoas e non a suma de siglas” e que as coalicións impedían a participación democrática en primarias. Nada que engadir.
España como problema, Catalunya como solución?
- Detalles
- Publicado o Martes, 26 Setembro 2017 23:17
Xoán Hermida
Cando se iniciou por parte da sociedade civil catala o movemento de autodeterminación, tras o proceso fracasado da vía de reforma estatutaria para modificar as relacións de Catalunya con España e de paso forzar unha vía federalizante no estado, dúas foron as lecturas que del se fixeron. Unha en clave de democracia radical a outra en clave exclusivamente nacionalista.
As forzas, e as análises, que a interpretaban na primeira das claves concibiron o conflito catalán como un movemento máis, de seguro o máis importante, dentro do esgotamento do modelo constitucional do 78 e polo tanto, ao igual que o facía o 77% do electorado catalán, tratábase de dar unha resposta catalanista e democrática, de carácter transversal, que tiña unha dobre característica e un efecto engadido. A dobre característica era a reivindicación dunha nova interpretación democrática, co dereito a decidir como elemento forza, á vez que construír unha nova relación entre Catalunya e España non en base á subordinación ‘autonómica’ senón de relación de soberanía entre dous estados iguais (concretárase despois a mesma nun modelo federal, confederal ou de dous estados independentes). O efecto engadido sería que este movemento funcionaría como efecto dominó nun proceso constituinte en todo o estadoaberto simbolicamente polo 15M.