Nós, os arraianos

20060915145557-compromiso1

Xoán Hermida

Deixamos a política hai anos, non porque non nos interesara senón porque a política convertérase nun espectáculo indecente, cargado de demagoxia cando se estaba na oposición e de mera xestión aséptica cando se estaba no goberno.

A economía política pasara a ser unicamente economía ( “gato branco, gato negro; o importante é que cace ratos” ) e despois converteuse en política económica ao servizo dos oligopolios, coñecidos popularmente como ‘mercados’.

Decidimos refuxiarnos durante un exilio interior nos movementos sociais porque eran os únicos sitios onde se podía transformar o mundo propio como forma de preparación do que tiña que ser de novo a transformación colectiva.

Non estabamos cómodos en ningún sitio. Eramos nacionalistas para os españolistas e españolistas para os nacionalistas. Radicais para os reformistas e reformistas para os radicais. Liberais para os totalitarios e estatalizadores para os liberais. Neocomunistas mal vistos pola terceira vía e socialdemócratas para os marxistas[guion]leninistas.

Namentres os proxectos sociais avanzaban, paseniñamente co noso esforzo, a política partidaria degradábase a pasos acelerados.

Ler máis...

Un 'novisimo' proxecto común

coaching

 

 "Somos os nosos piores inimigos" Martiño Noriega

Xoán Hermida

A análise da historia e dos acontecementos políticos pode  facerse seguindo dous procedementos: o de centrar en persoas ou figuras o relato dos mesmos e polo tanto buscar as necesarias conspiracións ou, pola contra,  centralo en causas obxetivizables (oportunidades políticas) , suxeitos colectivos (estruturas de mobilización) e procesos enmarcadores.

Eu como marxista, do empirismo dialéctico non do materialismo mecanicista dos seus seguidores, aposto máis polo segundo.

En primeiro lugar porque, ademais de máis rigoroso, creo que axuda mellor a resolver as contradicións e buscar a súa solución e en segundo lugar porque as teorías conspirativas son as respostas que os necios desde o conservadorismo político e desde a preguiza mental soen dar diante realidades novas e complexas que non entenden.

Unha vez que optamos por facer un análise empírico e racional dos acontecementos deberemos acertar nos corolarios do problema para que a solución sexa a máis acertada posible.

Onde poñer os corolarios do problema na situación que vive a esquerda e o nacionalismo galego?

Algúns póñeno na deriva que o BNG tomou nos últimos anos, e non sendo de todo falso que a deriva da última década precipitou o desenlace, creo que os corolarios deberiamos buscalos máis atrás, seguramente na década dos setenta cando empezou a cambiar o modelo produtivo e social e a esquerda non foi quen de actualizar a súa política e a súa estrutura organizativa e mental diante das novas realidades. Nese senso o BNG foi sen dubida un intento creativo no noso contexto xeográfico pero obrigatoriamente limitado pola dimensión e a envergadura da crise á que nos enfrontabamos.

 

Ler máis...

A desafección continúa e a esquerda dáse un respiro

Xiro esquerda

 

Xoán Hermida

Primeiras valoracións de urxencia sobre as eleccións andaluzas e asturianas:

Os resultados das eleccións seguen a confirmar unha desafección pola política de magnitude xigante. Os datos da abstención son máis que significativos 38% en Andalucía e un 44% en Asturias, nesta caso os abstencionistas superan a suma das tres forzas máis votadas.

No caso do voto branco+nulo tamén son datos significativos 1,5% en Andalucía, 2,3% en Asturias.

O resultado das eleccións andaluzas son un respiro para a esquerda e obviamente demostran que as andaluzas e os andaluces non queren aturar a esas malas bestas.

Non obstante, e a pesar dunha conxuntura moi mala, a dereita sigue a avanzar electoralmente co cal o peor que podía facer a esquerda é pensar que os problemas de redefinición no século XXI se superan a base de éxitos electorais en conxunturas favorables.

A esquerda segue tendo o mesmo problema pendente, de redefinición e renovación que xa dura varias décadas,  que tiña hai vintecatro horas e o mesmo que terá despois de que gañe François Hollande en Francia.

Ademais ollo cos espellismos: os resultados de Andalucía amosan unha realidade política e social propia e diferenciada.

Lectura en clave galega para o NPC: a vitoria á dereita faise desde unha esquerda ampla nun, ou coma neste caso dous partidos, senón non se fai. Sen proxecto alternativo non hai posible hexemonía alternativa.

Ler máis...

Non valen escusas

manos unidas
 
 
Xoán Hermida

Non foi nin unha casualidade nin tampouco unha conspiración.

Algúns viñamos observando, de certo que non pasivamente, como existía unha corrente de fondo, en maior medida no BNG pero tamén no PSdG, que esixía cambios para re-conectarse cunha sociedade cada vez máis alonxada dos partidos.

O movemento d@s indignad@s, ao marxe das súas propostas concretas máis ou menos certeiras, veu a situar enriba da mesa unha desafección clara e rotunda da cidadanía cara aos partidos tradicionais e as formas que estes teñen de entender a política.

Tratábase maioritariamente de xente nova que nin tan sequera entrara a formar parte dos mesmos, por que algo lle cheiraba mal nas súas dinámicas internas. Unha sensación que por outro lado tiñamos vivido aqueles que noutro tempo participamos das estruturas partidarias.

ler completo no blog Galizia Ecosocialista (Non valen escusas)

publicado en Praza Pública (Non valen escusas)

 

Empatía, responsabilidade ética e tolerancia

Xogo Ruín

Aquel neno
pincháballe os ollos
ós paxaros;
e gustáballe ver saír
esa gotiña
de aire e de luz,
ese rocío limpo
de mañanciñas frescas.

Logo botábaos
a voar
e ríase de velos
topar contra o valado
da súa casa,
con un ruído
moi triste.

Creceu e foi de aqueles.

Luís Pimentel

 
Xoán Hermida

Pódese imaxinar alguén máis inocente que un cativo ou unha cativa. Difícil ! Este poema impacta, non deixa indiferente.

Seguramente pensemos cando di ‘foi de aqueles’ na persoa exacta. Viranos á cabeza aqueles que trafican cos soños dos demais e humillan, torturan e asasinan a outros seres humanos.

Pero ben poderían facelo, e de seguro que o fan, con outros seres non humanos. Porque o mecanismo de vileza é o mesmo.

Recordo ter lido, non lembro onde, que durante a guerra ‘civil’ o famoso toureiro ‘Manolete’ distraia aos seareiros toureando presos políticos. Que estampa máis terrible! Seguramente corearían ‘Olé!’ coa mesma intensidade que a outra tarde ás cinco no tendido de sol coreaban ‘Olé!’ cando o ‘maestro’ capeaba a un toro. 

ler completo no blog Galizia Ecosocialista ( empatía, responsabilidade e ética )

Información adicional