O federalismo morreu. E a democracia ?

CIMG2677

 

Xoán Hermida

Son dos que ten defendido durante anos a proposta federalista (asimétrica) como formula que servira para avanzar no autogoberno das nacións que compoñen a realidade do Estado Español e a súa vez preservar os niveis de redistribución da riqueza e do benestar social.

Solución federal ou confederal, xa que en lexislación comparada moitas veces a diferenza non esta no nivel de autogoberno do que esta se dota senón na orixe do propio proceso: se vai desde o centralismo cara á descentralización ou viceversa.

Alguén poderá dicir, con razón, que o modelo autonómico na súa lectura máis aberta conten rascos federalizantes, pero do mesmo xeito terá que aceptarse que o modelo saído da transición choca e fai augas en dous aspectos fundamentais:

O primeiro é que para ser federal (ou confederal) debería partir da residencialización da soberanía nas nacións e non no estado, nas partes e non no todo, e estas froito dun acordo federal cederían aquelas funcións lexislativas ou executivas que considerasen;

O segundo, ligado co primeiro, concernente en definir quen son os entres que se federan. E aquí o modelo saído da transición é puro artificio. Non son as nacións do estado as que conforman a estrutura territorial do mesmo, senón tamén unha cantidade de rexións administrativas herdadas dun modelo territorial do franquismo, superposto ao modelo provincialista decimonónico.

Así que sería moi difícil a día de hoxe decidir quen se federa e como, coa conseguinte problemática de retirar as competencias actuais a rexións que non formaran parte deste proceso federal constituinte, que non teñen conciencia de colectivo nacional pero que non estarían dispostos a devolver competencias hoxe adquiridas.

A posibilidade federal morreu desde o momento que a forza chamada a liderar esa bandeira, o PSOE, non o fixo e pactou coa dereita os termos xurídicos e políticos dun estado neocentralista e uniformizador durante o breve goberno de Calvo Sotelo e os primeiros anos dos gobernos de Felipe González (todo iso tendo o fantasma do golpismo como elemento disuasivo para aqueles que reclamaban máis descentralización).

Foi o único dirixente realmente federalista, Pascual Maragall, quen convenceu ao PSOE da posibilidade da senda federal vía reforma estatutaria, e foi precisamente a frustración causada polos recortes á modificación do Estatut de Catalunya, os que enterraron de vez a vía federalista coma solución de vertebración para un Estado Español plural.

Ler máis...

Un 'sinsentido'

bencomun fg

"Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos" Gabriel Celaya

Xoán Hermida

Hai un ano o 15 M puxo enriba da mesa a desafección que unha boa parte da sociedade tiña pola política.

Daquela un grupo de persoas puxemos en marcha a Iniciativa BenComún entendendo que esa desafección interpelaba en primeiro lugar á esquerda e ao nacionalismo, aos seus militantes e dirixentes, pero tamén a súa base sociolóxica.

Coincidiamos xentes diversas en procedencias culturais ao pensar que  conectabamos cun amplo sector social que demandaba:

- Maior radicalidade democrática cara adentro en forma de proxecto onde as persoas sexan as protagonistas e non os grupos (frontismos) nin os profesionais (partidos clásicos) e cara afora (apertura á sociedade en forma de primarias, limitación de mandatos, listas desbloqueadas, referendos,...)

- Renovación. Unha esquerda democrática renovada e cun proxecto de reforma crible e practicable para non volver a defraudar á sociedade

- Ampla unidade que abarcara socialmente aos sectores afectados polo control monopolista (95% da poboación) e politicamente polos sectores da esquerda e do progresismo non de esquerdas, todos cunha visión galeguista e partindo da propia autoorganización nacional cívica.

Neso estabamos, mesmo construíndo instrumentos políticos plurais para o futuro inexistentes ata o de agora, cando estourou a segunda forza da oposición galega (BNG) e entrou en crise estrutural a primeira (PSdG).

Prometiámonolas moi felices todos e todas, cando empezou un proceso delirante. A maioría que viña do BNG e que foran capaces de poñerse de acordo nun programa de renovación do mesmo, non eran agora capaces nin de xuntarse para falar.

Uns empezaron a botarse ao monte e outros ao río. Uns puxéronse a rehabilitar 'zoombies' políticos e outros a facer a viaxe imposible cara ao centro.

E namentres a maioría, situada na esquerda galega renovadora, dividida en dous polos e cunha parte, nada desprezable, aínda no BNG.

Ler máis...

Necesitamos máis esquerda renovadora para saír do ‘Cul de Sac’

welcome-callejon-sin-salida

 

Xoán Hermida

Cando se viven tempos nos que hai que reivindicar o obvio, que difícil resulta introducir ademais modernas formas de pensamento, novas linguaxes e novos xeitos de facer política.

Pois ben, cando estabamos algúns na procura de novos horizontes para o século XXI, as ideoloxías do século XIX e as formas de actuar da primeira metade do século pasado entraron como un bulebule e ten toda a pinta de que non están dispostas a marchar de boa gaña.

Así que conviría volver a repasar algúns dos erros que nos levaron aquí e recordar algunha que outra obviedade para poder avanzar.

Primeira obviedade

Somos cidadáns e nos autoorganizados ou non en partidos, colectivos, grupos sociais, clubs de lectura ou no que nos pete. Unímonos con outros e outras pola proximidade de obxectivos e por que construímos unha misión conxunta.

É en base a iso, e non as metodoloxías, ao que construímos ou non espazos comúns.

Cando os espazos comúns son moi comúns nos organizamos de xeito individual interpares (caso dos partidos), cando o común é de carácter estratéxico, de obxectivos pero non de misión, o facemos buscando formulas unitarias pero plurais (caso de federación de partidos ou cooperativas políticas). Se os obxectivos e a misión non coinciden pero necesitas sumarte con outros para defender algo que esta sendo atacado, como neste caso o ben común ou Galicia, entón buscamos formulas conxunturais (coalición ou alianzas electorais).

O caso é buscar os instrumentos ao servizo da política e non poñer a política ao servizo dos instrumentos.

Ler máis...

Nós, os arraianos

20060915145557-compromiso1

Xoán Hermida

Deixamos a política hai anos, non porque non nos interesara senón porque a política convertérase nun espectáculo indecente, cargado de demagoxia cando se estaba na oposición e de mera xestión aséptica cando se estaba no goberno.

A economía política pasara a ser unicamente economía ( “gato branco, gato negro; o importante é que cace ratos” ) e despois converteuse en política económica ao servizo dos oligopolios, coñecidos popularmente como ‘mercados’.

Decidimos refuxiarnos durante un exilio interior nos movementos sociais porque eran os únicos sitios onde se podía transformar o mundo propio como forma de preparación do que tiña que ser de novo a transformación colectiva.

Non estabamos cómodos en ningún sitio. Eramos nacionalistas para os españolistas e españolistas para os nacionalistas. Radicais para os reformistas e reformistas para os radicais. Liberais para os totalitarios e estatalizadores para os liberais. Neocomunistas mal vistos pola terceira vía e socialdemócratas para os marxistas[guion]leninistas.

Namentres os proxectos sociais avanzaban, paseniñamente co noso esforzo, a política partidaria degradábase a pasos acelerados.

Ler máis...