Empatía e responsabilidade ética

Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo


 

Recibimos información doutros seres e debemos responder a esas demandas.

Si as demandas son positivas como o son un sorriso amable, unha voz cálida, uns ollos enigmáticos ou un xesto cálido a non resposta converteríanos nun seres insensibles.

Se as demandas son negativas como un berro esixindo xustiza, unha mirada triste diante dun desastre medioambiental, unha suplica nas sombras ou unha pena interior a non resposta convértenos nuns seres cínicos.

As emocións son corpóreas, polo tanto innatas non é necesario educalas, cultivalas, racionalizalas ... basta con non castralas.

A intelixencia racional é un arma de dobre fío. Se utilizamos a razón con sensibilidade podemos agrandar a nosa empatía e a nosa proximidade; se pola contra nos deixamos levar pola ditadura da razón, polo racionalismo, nos converteremos nuns monstros capaces unicamente de relacionarnos con nos mesmos.

En todos caso esta actitude de ausencia de responder moralmente diante das demandas dos outros invalida calquera pensamento ‘ilustrado’ que sobre a ética se poida facer en base a categorías. A filosofía, entón, perdería a súa razón de ser.

Por iso, a min cada vez me interesa menos as reivindicacións en primeira persoa, individuais ou colectivas, e me atraen máis as demandas dos outros, doutras persoas e doutras especies non humanas. Estean nestas latitudes ou noutras. Esten neste mundo ou noutros.

Información adicional