De tertulia na cadea

Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

Fai uns días convidado polo presidente de AGARESO, Juan De Sola, tiven a ocasión de asistir a un dos programas de Radio A 88.0 fm desde a cadea de A Lama.

Acompañounos a xornalista, Paula Bouza, e o fotoxornalista, Nacho Gómez, que onte publicaban esta reportaxe para o xornal El Pais.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Radio/da/voz/presos/elpepiautgal/20100411elpgal_9/Tes/

Tiven varias experiencias de tertulias na radio pero ningunha como esta.

Por outra banda, a miña situación máis próxima a estar nunha cadea foi durante a década dos oitenta.

Unha vez nunha redada policial durante as manifestacións estudantís contra as taxas universitarias visitei por horas o calabozo da comisaria de Santiago de Compostela. Tamén naquela época nos levaron detidos a un grupo de alborotadores pola “feliz” idea de ir a boicotear a estrea no Salón Teatro da mesma cidade do filme Amanecer Rojo, un bódrio de clase B cuxo argumento era a resistencia heroica dun grupo de adolescentes diante da ocupación de Estados Unidos por parte das tropas soviéticas.

Eran tempos da loita pacifista e andaba boa parte do país mobilizado contra o ingreso do Estado Español na OTAN. Pagamos a entrada é unha multa do goberno civil. Tendo en conta que ademais do medio centenar de manifestantes no cine había 10 espectadores a broma saíunos un pouco cara.

En todo caso, como comentaba esas foron as únicas experiencias e non podía ser doutro xeito pois eu son fundamentalmente un “chico bueno”.

Volvendo ao motivo da visita á cadea. A experiencia na tertulia con presos foi unha delicia e o traballo de Agareso ten unha importancia enorme para darlle espazos de participación a unhas persoas que, independentemente das razóns polas que estean na cadea da Lama, deben ter os seus dereitos garantidos e o seu espazo cultural asegurado.

Información adicional