Cantas vidas poden ocupar a vida dunha persoa ?

Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

Fai anos pensaba que as persoas que viven varias vidas sustentaban esa situación sobre unha cimentación de mentiras e enganos. Era así porque esa era a percepción que tiña da vida en función da observación da realidade circundante.

Pensaba tamén que isto podía deberse, nalgúns casos, a un trastorno bipolar ou a unha enfermidade psicótica.

A miña condición de ateo, e por ende a non crenza noutras vidas previas ou por vir, sempre mantivo en min a curiosidade por saber como sería a vida desas persoas que levan vidas múltiples, con dúas ou máis familias, en distintas cidades e con diferentes compañeiros de traballo e amizades .

En épocas duras, de infelicidade, que tamén as houbo, tiña a fantasía de fuxir e comezar unha nova vida dende cero, cunha nova identidade, nun novo país e cunhas circunstancias vitais distintas.

Agora son feliz e podo comprobar que se poden ter varias vidas nunha mesma vida. Vidas completamente diferentes. Por suposto en función das diferentes etapas que a propia vida te depara pero tamén vidas paralelas e complementarias no mesmo tempo. Vidas intensas e en compaña das persoas que amas, sen mentiras, sen enganos, sen hipocrisía.

Son vidas da mesma personaxe. Non son heterónimos creados, coma os de Fernando Pessoa. Son reais e teñen conciencia do ser e do estar.

So se trata de vivir con paixón e entrega, con liberdade e con compromiso, con equilibrio e con seguridade. As persoas temos un mundo por explorar. Trátase dunha aposta transgresora, diría máis, revolucionaria.

As persoas afortunadamente somos poliédricas so temos que descubrilo... a dubida é: cantas vidas se poden vivir durante unha vida?

Espero respostas.

Información adicional