Liberdade de expresión

  • imprimir
Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

LIBRE EXPRESIÓN ATA PARA O INIMIGO. Hai unha parte da esquerda galega, que ao igual que a dereita española, leva mal o da liberdade de expresión (un dos dereitos humanos fundamentais).

Ven isto a raíz do tratamento que algún medio concreto fai de EnMarea, como xa no seu día fixo de AGE.

Catro apuntes:

1. A liña editorial de La Voz é a liña editorial do adversario das forzas do cambio. Iso o sabe calquera galego e galega sen necesidade de ter ningún grado de politoloxía comparada. Os que len ese xornal sexan de esquerda ou de dereita, independentistas ou unionistas, frikis ou intelectuais son coñecedores de esta circunstancia. Polo tanto a súa influencia, sendo importante, é limitada.

2. A existencia de xornais como La Voz veñen a poñer de releve o baixo nivel xornalístico que existe no noso país, non moi diferente, por outra banda, que o nivel empresarial, político, académico, etc. Diante desa fabrica de tendenciosidade, e partindo da liberdade de expresión, podes mercalo ou non, podes ir aos seus sarillos ou non, podes chamarlle La Coz e quedarse tan a gusto, pero vas ter que convivir coa súa existencia e as súas opinións. A non ser que defendas que se pechen medios de comunicación por non pensar igual que un.

3. Outra cousas distinta sería a necesaria regulamentación da información para que entre outras cousas non tiveran subvencións públicas e publicidade oficial condicionadora (da igual o faga Feijoo en Galicia ou Lores en Pontevedra). Por non falar dos ridículos intentos gobernamentais dos efémeros gobernos de progreso intentando crear medios afíns e que xa sabemos como acabaron.

4. Por último, as contradicións que ten EnMarea, ao igual que as que tivo AGE no seu momento, se poden dimensionar máis ou menos, pódense caricaturizar ata o esperpento pero existen, non as inventa un medio, e debe ser a propia organización quen as resolva. Trátase de organizacións públicas -non clubs privativos das súas elites- e como tal debe estar expostas á crítica pública. E mellor se o fai como ata agora co concurso democrático de todas.