1985

Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

Lenine 1985

LENIN E A PERESTROIKA. As xornadas que o CES de Coimbra está a celebrar sobre o centenario da revolución rusa teñen un rigor ponencial e unha calidade científica impensable no noso país onde algo así so se fai con animo nostálxico ou apoloxeta. 

De entre as ponencias unha me marabillou, a do historiador José Neves pola súa creatividade e atrevemento.

Neves é vicepresidente da asociación de historiadores, un dos mellores coñecedores do movemento comunista e doutorouse coa tese "comunismo e nacionalismo en Portugal".

O 'atrevemento’, agora entenderedes do meu entusiasmo, foi un percorrido arredor das ideas de Lenin a partir do episodio político da Perestroika.

Á marxe da valoración que desta etapa histórica teña cada quen, a min hai tempo que me seduce, non os acontecementos en si ou como lamentablemente rematou o episodio, senón a súa capacidade de liberar enerxías atrapadas ou ser conector dunha corrente marxista non escolástica coa contemporaneidade.

Do texto teremos momento de falar, pois publicarémolo no Foro OBenComún.

Hoxe me interesa unha obra artística, onte relembrada, que explica gráficamente o entusiasmo que na sociedade soviética espertou o acontecemento nun primeiro momento. A obra 1985 de Pamela Kachurin é unha chamada a desempañar o vidro que o réxime botou sobre Lenin e volver a mirarlle aos ollos.

Información adicional