Tese Doutoral

  • imprimir
Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

Movementos sociais e altermundismo en Galicia: de Nunca Máis a AGE (2002-2012)

Ver texto integro e apendices:

pdfMOVEMENTOS SOCIAIS E ALTERMUNDISMO EN GALICIA

pdfCartografía_1_ASociacionismo

pdfCartografía_2_SMO

pdfCartografia_3_Redes

 Tese Altermundismo en Galicia PORTADA

 

Licencia de Creative Commons
Movementos Sociais e Altermundismo en Galicia: De Nunca Máis a AGE (2002-2012) is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-SinObraDerivada 4.0 Internacional License.

 Autor: Xoán Hermida /  Co-Directores da Tese: Doutores da USC, Nieves Lagares e Ramón Máiz

 Aprobada con Cum Laude: 17 de decembro de 2015

Reseña:

A tese doutoral “Movementos Sociais e Altermundismo en Galicia. De Nunca Máis a AGE (2002-2012) aborda o percorrido polas ‘dinámicas relacionais’, en expresión de Charles Tilly, durante a década dourada dos movementos sociais en Galicia.

Unha tese oportuna que foi anticipando algúns dos procesos que posteriormente foron acontecendo: o xurdimento de novas epitemoloxias (AGE no 2012 como primeiro novo interface que pecha o estudo), demandas de novas interpretacíons ontolóxicas da realidade política (xurdimento de Podemos en 2014 moi presente nas conclusións) e a necesidade dunha nova metodoloxia (xestación das Mareas no 2015 necesarias nas futuras liñas de investigación)

Unha tese necesaria Ausencia de investigación por dous motivos: debilidade dos movementos (ata ben entrado a primeira década deste seculo son protomovementos) e inexistencia dunha disciplina de MS na propia universidade galega.

A década iniciase con Nunca Máis como momento fundacional do movemento social galego actual e percorre diferentes redes e alianzas ata chegar ao nacemento de AGE, como contedor político da cidadanía que buscaba a construción dun novo interface diferente a partidos clásicos e a estruturas unidimensionais.

As oportunidades políticas (procesos de globalización e crise sistémica), os procesos enmarcadores (a desafección cara aos partidos que instrumentalizaron desde a transición á sociedade civil) e as estruturas de mobilización (organización existentes que foron madurando na súa compresión política autónoma e novos colectivos nacidos á calor do movemento altermundista de Porto Alegre) son as chaves para que este proceso dese callado.

A irrupción do movemento da indignación (15M) convértese no punto de arranque (simbólico) dun novo tempo político que anuncia o esgotamento do armazón político e institucional saído da transición, pon en cuestión o seu relato, e con el a súa estrutura representativa nos partidos e centrais sindicais creados ao abeiro dese modelo.

O xurdimento de AGE, neste contexto, é a primeira concreción de novos interfaces políticos construídos en boa medida pola incidencia dos novos movementos sociais e abre un período de (re)construción dunha nova esquerda cívica, democrática e nacional.”

Agora que algúns están preocupados pola ‘desaparición’ de Galicia das institucións, a tese reafirmase no feito de que o pobo galego nunca estivo máis vivo e as súas xentes teñen amosado que Galicia non é a reserva conservadora da península senón unha sociedade dinámica que xa amosou con Nunca Máis, con GNSV, con AGE e coas MAREAS estar na primeira liña de creatividade política e social. Agora que algúns ven como se derruba o construtor do nacionalismo, a tese apunta a que esa deconstrución era necesaria para poder construír unha nova e aí, so aí, o altermundismo foi a escusa para o transito ‘ordenado’ dalgunhas elites necesarias desde a vella esquerda á nova esquerda.

O que esta en perigo non é a presenza de Galicia nas institucións do Estado, como antes tampouco o estivo en Europa ou nos concellos. O que está en perigo é unha formula política caduca que non entendeu o cambio do ciclo que se estaba a dar. O único perigo que se albisca é que os partidos, os vellos e os novos, se convertan nunha rémora o suficientemente forte para facer fracasar as MAREAS coma no seu día fixeron fracasar a NUNCA MÁIS.

Durante a preparación da mesma entrevistáronse a centos de persoas, activistas e analistas. Destacar a colaboración de: Boaventura de Sousa, Xose Manuel Beiras, Manuel M. Barreiro, María Xosé Agra, Manolo Dios, Felipe Noya, Nanda Couñago, Xose Cuns, Xosé Veiras, Manoel Santos, Lidia Senra, Elias Torres, Charo Baamonde, Santiago Alba, Xosé María Torres e Xan Duro.