Presentacións do libro '[Re] Construír a esquerda nacional'

  • imprimir
Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

Portada para FB

Entrevista a proposito do libro en RadioFusión

Prologo: Manuel Martínez Barreiro  Autor: Xoán Hermida González

[Re]Construír a Esquerda Nacional. Da Rolda de Rebeldía a AGE; pretende ser un percorrido da evolución da esquerda galega dosúltimos 3 anos. A crise da esquerdaclásica e dos instrumentos veñen demoi atrás pero é quizais nos últimosanos cando se percibe con máis forza nos sectores máis dinámicos donacionalismo político e na esquerda social a necesidade da procura de novo horizontes. Os artigos que conforman este libro corresponden a estes anos e son unha aposta clara pola construción dunha esquerda nacional, transversal, renovadora e transformadora. Desde hai anos os homes e mulleres da esquerda se encontran orfas de referentes que liberen as súas enerxías e as súas demandas de cambio. O movemento do 15-M puxo de releve unha clara desafección de sectores sociais importantes con respecto aos instrumentos partidarios existentes e amosou unha demanda dunha nova forma de facer política. O traballo, as veces con altas doses de voluntarismo, de xentes moi plurais acabou de facer o resto, demostrando que en momentos de crise a estrutura de partidos non é tan estable como aparenta e existe sitio para novas forzas. Esta por ver que esas novas forzas sexan realmente novas e se asenten no mapa político.  

Calendario de presentacións:

- Compostela. Luns 3 de xuño ás 20,00 horas. Libraría Couceiro

- Pontevedra. Mércores 5 de xuño ás 20,00 horas. Libraría Cronopios

- Cangas. Xoves 6 de xuño as 20,00 horas. Salón plenos do Concello

- Vilagarcía. Venres 7 de xuño as 20,00 horas. Libraría Nobel

- Monforte. Mércores 12 ás 18,00 horas. Casa da Cultura

- A Coruña. Xoves 13 de xuño ás 19,00 horas. Galería Sargadelos

- Ferrol. Mércores 19 de xuño ás 19,30 horas. Galería Sargadelos

- Vigo. Xoves 20 de xuño ás 19,30 horas. Biblioteca Pública.

- Ourense. Martes 25 de xuño ás 19,30 horas. Libraría Nobel Internacional

- Ribadeo. Venres 5 de xullo ás 20,30 horas. Cafetería Cantón

- Lugo. Xoves 1 de agosto ás 19,00 horas- Libraría Trama